Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 18 de maio de 1999 Páx. 5.940

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da contratación, por concurso aberto, do servicio de limpeza do novo edificio sede da Xerencia Municipal de Urbanismo.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Xerencia Municipal de Urbanismo (Concello de Vigo).

b) Dependencia: servicios centrais da xerencia.

c) Expediente: 849/400.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: servicio de limpeza do novo edificio sede da Xerencia Municipal de Urbanismo.

b) Prazo do contrato: un ano.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 8.500.000 ptas.

5. Garantías.

a) Provisional: dispensada.

b) Definitiva: 4% do prezo do contrato.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: rexistro da Xerencia Municipal de Urbanismo (Concello de Vigo).

b) Enderezo: praza do Rei, s/n. (fronte á casa do concello).

c) Localidade e código postal: Vigo, 36202.

d) Teléfono: 986 81 03 46.

e) Fax: 986 22 01 27.

f) Data límite para solicitar documentación e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Acreditar solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 18 da Lei 13/1995.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra ou no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a esixida na cláusula X do prego de condicións.

b) Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

d) Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses desde a apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade, enderezo e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

b) Data e hora: 10 horas do primeiro mércores seguinte ó día en que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 4 de maio de 1999.

Manuel Pérez Álvarez

Presidente