Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Mércores, 19 de maio de 1999 Páx. 6.007

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 8 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación do acordo de iniciación do expediente sancionador simplificado 36/13/99, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas

e do procedemento administrativo común do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa mencionada a continuación (que non puido ser notificada no último enderezo coñecido que así mesmo se indica), a iniciación do expediente sancionador simplificado nº 36/13/99, por infracción en materia de defensa do consumidor.

O que se lle comunica ó interesado, para que no prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta notificación, efectúe as actuacións preliminares, a achega de cantas alegacións ou informacións considere convenientes, e se é o caso, a proposición e práctica de probas, advertíndolle ó interesado que lle queda posto de manifesto o expediente, e que, de non efectuar alegacións ó contido do presente acordo de iniciación, este poderá ser considerado como proposta de resolución.

Expediente: 36/13/99.

Inculpado: Sergio Cirera Espinosa.

Enderezo: r/ Alexandre Bóveda, 12 baixo - Vigo.

Motivos: negativa de facilitar información solicitada.

Data da iniciación: 25-3-1999.

Pontevedra, 8 de abril de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra