Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Xoves, 20 de maio de 1999 Páx. 6.025

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 3 de maio de 1999 pola que se dispón o cesamento dos vocais dos consellos de administración das autoridades portuarias de Vilagarcía de Arousa e de Ferrol-San Cibrao.

A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vocais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado, sitas no seu territorio.

Os acordos do Consello da Xunta de Galicia do 5 e do 26 de marzo de 1998 facultan o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para o exercicio das devanditas competencias.

Conforme o previsto no artigo 40 da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, disponse que a separación dos vocais do consello de administración será acordada polo órgano competente da Comunidade Autónoma por proposta das organizacións, organismos e entidades ós que aqueles representen, polo que, recibidas as propostas do presidente do ente público Portos do Estado en relación co cesamento dos vocais da Administración xeral do Estado nas autoridades portuarias de Vilagarcía de Arousa e Ferrol-San Cibrao, en canto órgano competente,

e aceptada a renuncia do representante da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia,

DISPOÑO:

Que cese Raúl López Fernández como vocal do consello de administración da autoridade portuaria de Vilagarcía de Arousa, en representación da Administración xeral do Estado, agradecéndolle os servicios prestados.

Que cese Hermenegildo Franco Castañón como vocal do consello de administración da autoridade portuaria de Ferrol-San Cibrao, en representación da Administración xeral do Estado, agradecéndolle os servicios prestados.

Que cese Víctor M. Fernández Mascaró como vocal do consello de administración da autoridade portuaria de Ferrol-San Cibrao, en representación da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, agradecéndolle os servicios prestados.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 1999.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas

e Vivenda