Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Xoves, 20 de maio de 1999 Páx. 6.077

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (189/1998-10).

Eu, Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz de primeira instancia e instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 189/1998-10, por instancia de Ana María dos Santos Campante contra José Antonio Aldrey Pereira, nas actuacións do cal se dictou sentencia co encabezado e a parte dispositiva seguinte:

Sentencia. En nome de El-Rei. En Santiago de Compostela o 15 de abril de 1999.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous desta cidade, dictou esta resolución no xuízo de faltas seguido perante este xulgado coa referencia número 189/1998, no que actuaron como partes, como denunciante, Ana María dos Santos Campante, e como denunciado José Antonio Aldrey Pereira. Foi parte o Ministerio Fiscal.

Decido: que debo absolver e absolvo a José Antonio Aldrey Pereira da falta que se lle imputaba, con declaración de oficio das custas procesuais.

Contra esta sentencia poderán interpoñe-los interesados recurso de apelación para ante a audiencia provincial no prazo de 5 días desde a notificación, mediante escrito de formalización no que se exporán ordenadamente as alegacións sobre quebrantamento das normas e garantías procesuais, erro na apreciación das probas ou infracción de precepto constitucional ou legal no que se basee a impugnación e fixarase domicilio para notificacións. Se o recurso se pedise a declaración de nulidade do xuízo por infracción das normas legais ou constitucionais que se consideren infrinxidas, expresaranse as razóns da indefensión. Así mesmo, deberase acredita-lo feito de se pedi-la emenda da falta ou infracción na primeira instancia, agás no caso de que se cometesen nun momento en que fose xa imposible a reclamación. No mesmo escrito de formalización, o recorrente poderá pedi-la práctica de probas que non puido propoñer en primeira instancia, das probas propostas que lle foron indebidamente denegadas,

sempre que formulase a oportuna reserva e das admitidas que non foron practicadas por causas que non lle sexan imputables, expoñendo as razóns polas que a falta dequelas dilixencias de proba produciu indefensión.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Lévese testemuño literal ós autos da súa razón e quede o orixinal no libro de sentencias deste xulgado.

E para que conste e lle sirva de notificación a Ana María dos Santos Campante, expido e asino en Santiago de Compostela o dezanove de abril de mil novecentos noventa e nove.

Rubricado