1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consello Galego de Relacións Laborais.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral do Consello Galego de Relacións Laborais.
c) Enderezo: Consello Galego de Relacións Laborais; rúa Algalia de Abaixo, 24; C.P.: 15704 Santiago
de Compostela. Teléfono: 981 54 16 03. Fax: 981 54 16 10.
d) Número de expediente: 1CA/99.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo de contrato: consultoría e asistencia.
b) Descrición do obxecto: realización dos traballos de maquetación, fotomecánica, impresión e encadernación do informe sobre a situación sociolaboral da Comunidade Autónoma galega correspondente a 1998.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 4.250.000 ptas (IVE incluído).
5. Prazo de execución do contrato.
Un mes, contado desde a última das entregas parciais dos materiais por parte do órgano de contratación (cláusula 4 do prego de prescricións técnicas).
6. Garantías.
Definitiva: 4% do orzamento de licitación (170.000 ptas).
7. Clasificación.
Non se esixe.
8. Presentación de proposicións.
a) Lugar: no rexistro xeral do Consello Galego de Relacións Laborais; rúa Algalia de Abaixo, 24; 15704 Santiago de Compostela, en horas de 9 a 14, de luns a venres.
b) Prazo: comezará o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG e rematará o vixésimo sexto día natural, ás 14 horas, agás que o último día fora inhábil ou sábado, caso no que se prorrogará o prazo ó día hábil seguinte.
c) Forma: os licitadores presentarán as súas proposicións en tres sobres pechados e en cada un deles figurará o nome do licitador e o obxecto do contrato.
9. Documentación que presentarán os licitadores.
Os licitadores presentarán a documentación que especifican os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas.
10. Modelo de proposición.
O que figura como anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Prego de cláusulas administrativas particulares, cadro de características e prego de prescricións técnicas.
Tódolos interesados poderán consultalos ou solicita-lo seu envío por correo, na Secretaría Xeral do Consello Galego de Relacións Laborais, sito na rúa Algalia de Abaixo, 24; 15704 Santiago de Compostela, das 9 ás 14 horas, de luns a venres.
12. Apertura das ofertas.
Terá lugar en acto público na sala de xuntas do Consello Galego de Relacións Laborais, ás 11 horas do oitavo día natural seguinte ó da data de remate do prazo de presentación das proposicións; de coincidir en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.
13. Criterios de adxudicación do concurso.
Relaciónanse no punto 8 do cadro de características.
14. Variantes ou alternativas.
Os licitadores poderán incluír achegas que complementen ou melloren as establecidas no prego de
prescricións técnicas, de acordo co disposto na cláusula 6 do devandito prego.
15. Anuncios.
Os gastos que orixine a publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario do contrato.
Santiago de Compostela, 28 de abril de 1999.
P.D. (Orde 28-2-1997, DOG do 12 de marzo)
Teresa Pedrosa Silva
Presidenta do Consello Galego de Relacións
Laborais

