Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Xoves, 20 de maio de 1999 Páx. 6.092

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación dos expedientes sancionadores de incendios forestais IF 323/98 de dous máis devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que no anexo se mencionan, que con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción a Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu regulamento aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro (BOE 13-2-1973), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructor deste procedemento a Javier Ruíz de Almirón Schlung, funcionario desta delegación; podendo ser recusado en calquera momento do expediente de concorre-los supostos legais.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para achegar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non efectuarse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, edificio administrativo da Xunta de Galicia - Ronda da Muralla, nº 70.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do

procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto de 1993).

Lugo, 15 de abril de 1999.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

-Expediente nº: IF 323/98.

DNI: 32.444.542.

Denunciado: José Francisco Mouzo Balsa.

Último enderezo coñecido: r/ José Costa Alonso, nº 28-1ºB.

Feitos imputados: abandonar un vehículo en zona de arboreda e en contacto co mato, marca Renault-4/matrícula C-5821-AB, susceptible de provocar ou intensificar un incendio.

Precepto sancionador: artigo 136 j), 137 e) do Regulamento de incendios.

Cualificación: grave.

Sanción: 50.000 ptas.

-Expediente nº: IF 29/99.

Denunciado: Blancer, S.L.

DNI: 27.027.333.

Último enderezo coñecido: Río Pedroso-Magazos-Viveiro-Lugo.

Feitos imputados: abandonar un vehículo nun lugar poboado de mato e rodeado de plantacións de eucalipto, marca Seat-127/nº bastidor HA123759, susceptible de provocar un incendio forestal ou intensificalo se se produce en lugar próximo.

Precepto sancionador: artigo 136 j), 137 e) do Regulamento de incendios.

Cualificación: grave.

Sanción: 50.000 ptas.

-Expediente nº: IF 65/99.

Denunciado: José Luis Gómez Alonso.

DNI: 76.401.928.

Último enderezo coñecido: Céltigos-O Viso-Ortigueira-A Coruña.

Feitos imputados: abandonar un vehículo en contacto con mato e arboredo, marca Citroën CX/matrícula LU-1145-D, susceptible de provocar ou intensificar incendio.

Precepto sancionador: artigo 136 j), 137 e) do Regulamento de incendios.

Cualificación: grave.

Sanción: 50.000 ptas.