Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Xoves, 20 de maio de 1999 Páx. 6.094

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 1999, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación da subministración sucesiva de material para cirurxía cardíaca para este complexo hospitalario, mediante procedemento aberto. (Expediente 34/1999).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7º da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG 11 de maio) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

1. Nome e enderezo do servicio: Contratación Administrativa do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela. Hospital Xeral de Galicia, rúa Galeras, s/n, 15705 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 05 36. Fax: 981 54 01 49.

2.a) Modalidade de adxudicación: concurso aberto e ordinario,

b) Forma do contrato obxecto de licitación: subministración sucesiva.

3.a) Lugar de entrega: no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.

b) Natureza e cantidade dos productos que se van subministrar: subministración sucesiva de material para cirurxía cardíaca.

Lote

Descrición

Prezo

unitario

(ptas.)

Consumo

estimado

Importe

ptas.

Importe

euros

1Válvula biolóxica pericardio500.00035 unidades17.500.000105.177,12

2Válvula biolóxica porcina450.00035 unidades15.750.00094.659,41

3Válvula mecánica bivalva565.000100 unidades56.500.000339.571,84

4Filtros leucocitos32.120

ptas./caixa

350 caixas11.242.00067.565,78

5Set de osixenación92.500400 unidades37.000.000222.374,48

6Set osixenación c/ tubos e conos127.500120 unidades15.300.00091.954,85

Importe: 153.292.000 ptas. (cento cincuenta e tres millóns duascentas noventa e dúas mil ptas.) IVE incluído.

921.303,48 euros (novecentos vinteún mil trescentos tres euros con corenta e oito céntimos de euro, IVE incluído.

Duración: un ano desde o 1 de xullo de 1999 ou data da sinatura do contrato se é posterior. Antes do seu vencemento, por mutuo acordo de ambas partes, este contrato inicial poderá ser prorrogado nos termos que se establecen no número 3.5 do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

c) Licitación: á totalidade ou a un ou máis lotes.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: segundo as necesidades comunicadas polo Servicio de Compras e Subministracións.

5.a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicita-lo prego de condicións e os documentos complementarios: o que figura no punto 1.

b) Data límite para efectua-la dita solicitude: 14 de xuño de 1999.

c) Se é o caso, importe e modalidades de pagamento da suma que deba aboarse para obte-los ditos documentos: non.

6.a) Data límite de recepción de ofertas: 21 de xuño de 1999.

b) Enderezo ó que deben enviarse as ofertas: ver punto 1.

c) Lingua o linguas nas que se deberán redacta-las ofertas: castelán e/ou galego.

7.a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: acto público.

b) Data, hora e lugar de apertura das ofertas: sala de xuntas do Hospital Xeral de Galicia a partir das 10 horas do 2 de xullo de 1999.

8. Garantías esixidas:

Provisional: 2% do orzamento estimado.

Definitiva: 4% do orzamento estimado.

Constituiranse segundo establecen os artigos 36 e 37, respectivamente, da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas (BOE nº 119, do 19).

9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/o referencia ós textos que as regulan: o pagamento realizarase en metálico segundo entregas realizadas.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresarios adxudicataria do contrato: o que establece o artigo 24 da Lei 13/1995.

11. Datos referentes á situación do provedor e datos e formalidades necesarios para a avaliación das condicións de carácter económico e técnico que debe reuni-lo provedor: ver cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses, desde a data de apertura das proposicións.

13. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato:

Oferta económica: ata un máximo de 50%.

Calidade dos materiais: ata un máximo de 30%.

Servicio técnico da subministración: ata un máximo de 20%.

14. Se é o caso, prohibición de variantes: non se admitirán variantes.

15. Información complementaria: ver servicio do punto 1.

16. Data de publicación no DOCE do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: non publicado.

17. Data de envio do anuncio: 30 de abril de 1999.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE):

Santiago de Compostela, 22 de abril de 1999.

Manuel Ariza López

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Santiago de Compostela