A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 21 de abril de 1999, aprobou a forma de adxudicación mediante concurso para a execución das obras de rehabilitación do mercado (2ª fase, de reforma exterior); polo presente anúnciase a licitación consonte as seguintes características:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Lugo.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: a execución das obras do proxecto sinalado no encabezamento, redactado polo arquitecto José Arias Jordán.
b) Prazo de execución: o prazo máximo de execución é de tres meses. Non obstante, o prazo de execución será o ofrecido na proposición do adxudicatario.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 20.499.900 pesetas, IVE incluído, debendo incluírse nel a elaboración e posta en marcha do Plan de Seguridade e Saude no Traballo. (Modificada por Comisión de Goberno en sesión celebrada o 28 de abril de 1999).
5. Garantías.
Provisional: 409.998 pesetas.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.
b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.
c) Localidad e código postal 27001 Lugo.
d) Teléfono: 982 29 71 43, 982 29 71 86.
e) Telefax: 982 29 71 03, 982 29 72 59.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: grupo C, subgrupo 2, categoría D.
b) Outros requisitos: os sinalados no prego de condicións.
8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: 26 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula oitava do prego de condicións.
c) Lugar de presentación:
1ª Entidade: Concello de Lugo, Oficina de Rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.
2ª Domicilio: praza Maior, 1.
3ª Localidade e código postal: Lugo 27001.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.
e) Admisión de variantes (concurso): as que os licitadores estimen convenientes.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Concello de Lugo.
b) Domicilio: praza Maior, 1.
c) Localidade: Lugo.
d) Data: o terceiro día hábil (agás sábado) posterior ó remate do prazo de presentación das proposicións.
10. Outras informacións: as que se recollen no prego de condicións.
11. Gastos dos anuncios: serán por conta do contratista adxudicatario.
Lugo, 3 de maio de 1999.
Joaquín Mª García Díez
Alcalde
Mª Eva Martín Minguela
Vicesecretaria

