Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, o día 26 de marzo de 1999, o estudio de detalle redactado, para a parcela nº 2 do sector II do polígono industrial do Río do Pozo, polo arquitecto Horacio E. Gil García e promovido pola empresa Inditex, S.A.
Exponse ó público polo prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
O expediente estará á disposición de calquera que desexe examinalo na Unidade de Obras, Urbanismo e Servicios, para formula-las alegacións que considere pertinentes.
Narón, 19 de abril de 1999.
Xoán Gato Díaz
Alcalde

