Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Venres, 21 de maio de 1999 Páx. 6.105

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 3 de maio de 1999 pola que se dispón o nomeamento de membros da Comisión Galega de Delimitación Territorial.

Os representantes das entidades locais e das institucións públicas que compoñen a Comisión Galega de Delimitación Territorial regulada polo Decreto 370/1998, do 10 de decembro, serán designados segundo establece o seu artigo 4, polo que unha vez achegadas tódalas propostas por parte dos órganos competentes, cómpre o seu nomeamento, en consecuencia,

DISPOÑO:

Artigo único.-Noméanse membros da Comisión Galega de Delimitación Territorial, segundo o disposto no artigo 4.1º b) e c) do Decreto 370/1998, do 10 de decembro, as persoas que se relacionan no anexo.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 1999.

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións

Laborais

ANEXO

A) Representantes das entidades locais de Galicia:

a) Designados polas deputacións provinciais:

-Antonio Gómez Vázquez, representante da Deputación Provincial da Coruña.

-Enrique Fernández González, representante da Deputación Provincial de Lugo.

-Manuel Candal Candal, representante da Deputación Provincial de Ourense.

-José Costa Díaz, representante da Deputación Provincial de Pontevedra.

b) Designados pola Federación Galega de Municipios e Provincias:

-Manuel Lagares Pérez.

-Anxo Quintana González.

-Xosé Crespo Iglesias.

-Julio Álvarez Núñez.

B) Representantes das universidades galegas:

-María Isabel Fernández Justo, representante da Universidade de Santiago de Compostela.

-José J. González-Cebrián Tello, representante da Universidade da Coruña.

-Alberto Pazo Labrador, representante da Universidade de Vigo.

C) Representante do Consello da Cultura Galega:

-Gonzalo Rey Lama.