Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Luns, 24 de maio de 1999 Páx. 6.194

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 143/1999, do 20 de maio, polo que se lle concede a Medalla de Ouro de Galicia a Súa Alteza Eminentísima o Príncipe Fra'Andrew Willoughby Ninian Bertie, 78º Grande Mestre da Soberana Orde Militar e Hospitalaria de San Xoán de Xerusalén, de Rodas e de Malta.

En atención ós méritos que concorren en Súa Alteza Eminentísima o Príncipe Fra'Andrew Willoughby Ninian Bertie, 78º Grande Mestre da Soberana Orde Militar e Hospitalaria de San Xoán de Xerusalén, de Rodas e de Malta, e ó amparo do disposto no artigo 4 do Decreto 1/1991, do 11 de xaneiro, polo que se regula a concesión da Medalla de Galicia, modificado polo Decreto 166/1995, do 16 de xuño, é vontade do Goberno galego outorgarlle, por razóns de cortesía e reciprocidade, a súa máis alta distinción.

Polo tanto e logo de acordo do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte de maio de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

Concederlle-la Medalla de Ouro de Galicia a Súa Alteza Eminentísima o Príncipe Fra'Andrew Willoughby Ninian Bertie, 78º Grande Mestre da

Soberana Orde Militar e Hospitalaria de San Xoán de Xerusalén, de Rodas e de Malta.

Santiago de Compostela, vinte de maio de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jaime Alberto Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública