De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona, o acordo de inicio de expediente sancionador contra ela instruído pola Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, por incumprimento do R.D. 1945/83, do 22 de xuño, no que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.
A partir do día seguinte á publicación desta resolución, de acordo cos artigos 114 e 117 da devandita Lei 30/1992, dispón dun prazo dun mes para presentar recurso ordinario ante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais.
Expediente: Secretaría 20/1998.
Denunciado: Avipaco, S.L.
DNI:
Último enderezo coñecido: mercado Ramón Cabanillas, posto, 6. A Coruña.
Cualificación da infracción: leve.
Importe da sanción: 5.000 ptas.
A Coruña, 19 de abril de 1999.
Diego Bernal Llorente
Delegado Provincial da Coruña

