Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Luns, 24 de maio de 1999 Páx. 6.228

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 14 de abril de 1999 pola que se aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea P.L. III (5 Portonovo B).

Visto o expediente incoado por María Dolores Miniño Rosales (35.305.047-R) e Leonor Carballa Pérez (35.145.869-Y), no que solicita o cambio de dominio mortis-causa da batea de cultivo de mexillón (Mytilus galloprovincialis) denominada P.L.-III, outorgado pola orde ministerial do 28-9-1955 (BOE nº 279), situada na cuadrícula nº 5, do polígono B de Portonovo, rematando a concesión o 6-10-2005, e do que eran titulares José Ramón Rosales Martínez (35.149.931) e Leonor Carballa Pérez (35.145.869-Y).

Tendo en conta o informado polo Servicio Técnico-Xurídico e de conformidade co sinalado no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia e considerando que ó expediente figuran unidos o certificado de defunción, a certificación do Rexistro de Últimas Vontades, a declaración de herdeiros ab-intestato, a relación de bens debidamente liquidada de impostos e o caderno particional da herdanza, esta consellería tivo a ben acceder ó solicitado, declarando titular da concesión administrativa e da batea da que se trata, nas mesmas condicións cás expresamente consignadas na orde ministerial de outorgamento, a favor de María Dolores Miniño Rosales, DNI 35.305.047-R e Leonor Carballa Pérez, DNI 35.145.869-Y.

O novo titular subrógase no prazo, dereitos e obrigas do anterior, así como queda obrigado a observa-las disposicións en vigor sobre este particular.

Vigo, 14 de abril de 1999.

P.D. (Orde 27-6-1990)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo