Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Luns, 24 de maio de 1999 Páx. 6.228

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 21 de abril de 1999 pola que se aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea Rodrigil número 6 (Cangas C-16).

Visto o expediente incoado por herdeiros de Eduardo Rodríguez Malvido, no que solicitan o cambio de dominio mortis-causa do viveiro flotante de cultivo de mexillón denominado Rodrigil nº 6, outorgado pola orde ministerial do 27-6-1959 (BOE nº 159), situado na cuadrícula nº 16, do polígono C de Cangas, rematando a concesión o 4-7-2004, e do que eran titulares Eduardo Rodríguez Malvido (35.286.667) e Carmen Silva Martínez (35.315.449).

Tendo en conta o informado polo Servicio Técnico-Xurídico e de conformidade co sinalado no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia e 10.1º do Decreto 406/1996 e considerando que ó expediente figuran unidos o certificado de defunción, a certificación do Rexistro de Últimas Vontades, a declaración de herdeiros ab-intestato, a relación de bens debidamente liquidada de impostos e o caderno particional da herdanza, esta consellería tivo a ben acceder ó solicitado, declarando titular da concesión administrativa e do viveiro do que se trata, nas mesmas condicións cás expresamente consignadas na orde ministerial de outorgamento, a favor de Carmen Silva Martínez (35.315.449) e Sara Rodríguez Silva (78.738.794).

As novas titulares subróganse no prazo, dereitos e obrigas dos anteriores, así como quedan obrigadas

a observa-las disposicións en vigor sobre este particular.

Vigo, 21 de abril de 1999.

P.D. (Orde do 27-6-1990, DOG nº 134, do 10-7-1990)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Pontevedra