A Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude de
Lugo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, anuncia o concurso que a seguir se cita:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.
b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial de Lugo.
c) Número de expediente: 22/1999.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición: restauración, mantemento e limpeza do campamento xuvenil A Devesa.
b) División por lotes e número:
c) Lugar de execución: campamento xuvenil A Devesa en Ribadeo.
d) Prazo de execución: desde o 25 de xuño ata o 10 de setembro de 1999.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base de execución: 1.200 ptas./praza/día, IVE incluído. Establécese un orzamento calculado de gasto de 18.182.400 ptas., IVE incluído, en función dun máximo de 15.152 prazas.
5. Garantías.
a) Provisional: non se esixe.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: delegación provincial.
b) Enderezo: Ronda da Muralla, 70-baixo.
c) Localidade: Lugo 27071.
d) Teléfono: 982 29 43 43.
e) Telefax: 982 29 43 59.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións, tódolos días laborais, agás sábados, desde as 9 ás 14 horas.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: non se esixe.
b) Outros requisitos: non se esixen.
8. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: 13 días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que se presentará: a que se indica na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares e a indicada no prego de prescricións técnicas.
c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do edificio administrativo da Xunta de Galicia sito na Ronda da Muralla, nº 70-baixo, ou de acordo cos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.
d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta:
e) Admisión de variantes:
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: delegación provincial.
b) Domicilio: Ronda da Muralla, 70-baixo.
c) Localidade: Lugo.
d) Data: o terceiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.
e) Hora: 11.
10. Outras informacións: os pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas estarán ó dispor dos licitadores nas delegacións da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude na Coruña, Lugo, Ourense e Vigo.
11. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.
Lugo, 3 de maio de 1999.
P.D. (Orde 19-1-1998)
Ana Chao Vázquez
Delegada provincial de Lugo

