Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Martes, 25 de maio de 1999 Páx. 6.290

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA

ANUNCIO.

O Concello de Vilanova de Arousa vai proceder á contratación, mediante concurso con procedemento aberto e polo trámite de urxencia, das obras de nave para o Concello en Pantrigueira (3ª fase).

Obxecto: nave para o Concello en Pantrigueira (3ª fase).

Orzamento: 5.500.000 ptas.

Fianzas: provisoria, 110.000 ptas. Definitiva, 220.000 ptas.

Prazo de execución: 6 meses.

Proposicións: presentaranse no rexistro xeral do concello, en horas de 9 a 13, durante o prazo de 14 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no BOP.

Prego de condicións: poderá recollerse no Negociado de Contratación do concello, de 9 a 13 horas.

Vilanova de Arousa, 27 de abril de 1999.

Gonzalo Durán Hermida

Alcalde