Mateo Pérez Abenza, xefe da Dependencia de Recadación da Delegación da A.E.A.T. de Cartaxena, fago saber:
De conformidade co disposto no artigo 105.6º da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada polo artigo 28.1º da Lei 66/1997, do 30 de decembro, e téndolle intentado a notificación ó interesado ou ó seu representante por dúas veces, sen que fose posible practicala
por causas non imputables á Administración Tributaria, ponse de manifesto, mediante o presente anuncio, que se atopan pendentes de notifica-las liquidacións en vía de constrinximento; o titular, a clave de liquidación e o concepto das ditas liquidacións detállanse no anexo deste documento.
En virtude do anterior, dispoño que os suxeitos pasivos, obrigados tributarios relacionados ou os seus representantes debidamente acreditados, deberán comparecer no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial de Galicia, de luns a venres, en horario de 9 a 14 horas, na Dependencia de Reca
dación da A.E.A.T. de Cartaxena, sita na r/ Campos, 2, para os efectos de practica-la notificación do citado acto.
Así mesmo advírteselles ós interesados que, de non comparecer no citado prazo, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Cartaxena, 10 de marzo de 1999.
O xefe da Dependencia de Recadación
Rubricado
A.E.A.T. Comunidade Autónoma de Galicia
Delegación: Cartaxena.
Num. Emi.: 99.3.1.11.001
Datos do contribuínte Concepto/Descrición/Obx. Trib. Clave liquidación Importe F. Pro. Const.
T. Benelex, S.L.
R/ Ángel Bruna, 20, Cartaxena
B30700447
Sanción Exp.: 1996/LU-01798-O P. Ter. O C1100098270045104 300.000 13-11-1998

