Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Mércores, 26 de maio de 1999 Páx. 6.366

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 1999, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as puntuacións provisionais dos participantes admitidos no concurso 1/1998, convocado pola Orde do 23 de decembro de 1998 para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración da Xunta de Galicia.

Convocado o concurso 1/1998, para a provisión de postos de traballo vacantes de Administración da Xunta de Galicia, publicado no DOG nº 250, do 29 de decembro de 1998, e á vista das propostas realizadas polas comisións encargadas de valorar os méritos alegados polos concursantes, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as relacións coas puntuacións provisionais dos concursantes admitidos para cada un dos postos solicitados. Estas relacións atópanse expostas nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Oficina de Información e Atención ó Cidadán da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

-Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo.

Segundo.-Os interesados poderán formular reclamación en relación coas puntuacións provisionais no prazo de 10 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

As reclamacións deberán ser realizadas mediante escrito dirixido á Dirección Xeral da Función Pública, edificio administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 1999.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

4239