Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Mércores, 26 de maio de 1999 Páx. 6.372

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 1999, do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, pola que se resolve o concurso de carteis entre alumnos/as do ensino universitario para a conmemoración do Día Internacional da Muller do 8 de marzo de 1999.

Por Resolución do 21 de decembro de 1998, da directora do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, convocouse un concurso de carteis entre alumnas/os do ensino secundario para a conmemoración do 8 de marzo de 1999.

A base sétima da devandita resolución atribúelle á directora xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller a resolución de adxudicación do concurso.

Observados os trámites establecidos na antedita resolución e á vista da proposta elevada pola comisión de selección prevista nela,

RESOLVO:

Adxudica-los premios previstos na resolución do 21 de decembro de 1998 ás/ós beneficiarios/os que figuran no anexo á presente resolución.

A presente resolución é inapelable.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 1999.

Aurora Montes Santa-Olalla

Directora xeral do Servicio Galego de Promoción

da Igualdade do Home e da Muller

ANEXO

Premios: 1º premio (100.000 ptas.).

Nome: declarado deserto.

2º premio (50.000 ptas.).

Nome: Luis Mª Seco Migueles.

DNI: 36.126.176.

3º premio (25.000 ptas.).

Nome: José Pedro López Rodríguez.

DNI: 78.785.781.