Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Mércores, 26 de maio de 1999 Páx. 6.374

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 1999 pola que se anuncia a licitación dun contrato de asistencia consistente en traballos de colaboración na fiscalización do Concello do Vicedo (Lugo).

A Comisión de Goberno deste Consello de Contas, en sesión celebrada o día 11 de maio do presente ano, acordou dispo-la apertura do procedemento de adxudicación dun contrato de asistencia, consistente en traballos de colaboración na fiscalización do Concello do Vicedo (Lugo), co detalle que de seguido se relaciona:

1. Entidade adxudicadora:

Institución: Consello de Contas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato:

Descrición: traballos de colaboración na fiscalización do Concello do Vicedo (Lugo) correspondentes ós exercicios 1991, 1992, 1994 e 1995

División por lotes: non.

Prazo de execución: dous meses a partir da orde de inicio do traballo de campo.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base da licitación:

Importe total: 2.800.000 ptas., equivalentes a 16.828,34 EUR.

5. Garantías:

Provisional: 56.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

Institución: Consello de Contas de Galicia.

Domicilio: rúa Ramón Piñeiro, 29.

Localidade e C.P.: Santiago de Compostela. 15771.

Teléfono: 981 54 22 00.

Fax: 981 54 22 10.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se esixe.

Outros requisitos: estar inscrito no Rexistro Oficial de Auditores de Contas.

8. Presentación de ofertas:

Data límite: vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio.

Documentación que se vai presentar: segundo detalle recollido no prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: rexistro xeral do Consello de Contas, rúa Ramón Piñeiro, número 29, 15771 Santiago de Compostela.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses, contados a partir da apertura de proposicións.

Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas:

No edificio sede do Consello de Contas, ás trece horas do décimo primeiro día natural seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións ou primeiro día hábil seguinte de ser aquel sábado ou feriado.

10. Gastos do anuncio:

Por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 1999.

Carlos Otero Díaz

Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia