Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Mércores, 26 de maio de 1999 Páx. 6.379

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OROSO

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión ordinaria celebrada o 30 de abril de 1999, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle redactado por Alfonso Lage Pérez por iniciativa de Urbanizadora O Monte, S.L., referido á ordenación de volumes edificables en soar sito na rúa do Tambre, Sigüeiro-Oroso.

O que se fai público para a sua efectividade, en cumprimento do previsto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Oroso, 3 de maio de 1999.

Eugenio Neira García

Alcalde