Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Mércores, 26 de maio de 1999 Páx. 6.380

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN FERNÁNDEZ LATORRE

BASES da convocatoria do XLI Premio Fernández Latorre.

La Voz de Galicia, a través da súa Fundación Fernández Latorre, anuncia a convocatoria do XLI Premio Fernández Latorre e invita a persoas e insti

tucións a participaren en calquera das súas modalidades.

Este premio réxese polas seguintes bases:

1. Premios.

Concederase o Premio Fernández Latorre de Prensa Escrita, dotado este ano con 1.000.000 de pesetas, ó traballo xornalístico publicado en calquera medio de comunicación entre o 25 de xullo de 1998 e o 24 de maio de 1999.

Concederase o Premio Fernández Latorre de Radio, dotado con 1.000.000 de pesetas, ó traballo emitido por calquera emisora española ou portuguesa entre o 25 de xullo de 1998 e o 24 de maio de 1999.

Concederase o Premio Fernández Latorre de Televisión e Medios Audiovisuais, dotado con 1.000.000 de pesetas, ó traballo emitido por calquera canle, entre o 25 de xullo de 1998 e o 24 de maio de 1999, ou ó mellor proxecto multimedia en soporte audiovisual editado entre ámbalas dúas datas.

2. Decisión e entrega.

A decisión farase pública en La Voz de Galicia o 25 de xullo, festividade do Apóstolo Santiago e Día de Galicia.

As decicisións do xurado son inapelables.

Os premios entregaranse no transcurso dun acto que terá lugar no derradeiro trimestre de 1999.

3. Xurado.

O xurado, que estará composto por membros de La Voz de Galicia e outras persoas representativas no campo da comunicación e a cultura, terá, ademais das facultades normais de emitir e discernir-lo premio, as de interpreta-las presentes bases.

4. Presentación de traballos.

Os traballos deberán enviarse por triplicado á Fundación Fernández Latorre, rúa Concepción Arenal, 11 e 13, 15006 A Coruña, ata o 30 de xuño de 1999, coa indicación Premios Fernández Latorre. Os que se emitan por radio ou televisión deberán acreditarse cunha certificación do director da emisora ou centro de televisión e as tres cintas correspondentes.

Os traballos poderán ser presentados polo propio autor ou autores, polo xurado ou por calquera persoa ou entidade. Neste último caso, debe acreditarse o consentimento do candidato.

5. Condicións.

A presentación a estes premios supón a conformidade dos participantes coas bases e leva implícita a autorización á difusión de traballos premiados, sen finalidade lucrativa e por un período de tempo non superior a seis meses.