De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30
de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse aumentos de base impoñible pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.
Os actos foron adoptados polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Pontevedra en aplicación do artigo 52 da Lei xeral tributaria.
A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio sinalados no parágrafo anterior, con enderezo na rúa Michelena, 30, Pontevedra, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Pontevedra, 30 de abril de 1999.
Francisco Lozano Rodríguez
Delegado territorial de Pontevedra
ANEXO
Interesado Procedemento
DNI: 35.278.021
Porta do Sol, 8 P. 2-DC
Vigo Exp: T-9726/96
Liq.: 600401309421 DNI: 33.211.671
R. Arqueólogo Xesús Carro, 13 Esc. 5-2D
Santiago de Compostela Exp: T-9741/96
Liq.: 600401293085 CIF: A-36.784.031
Colón, 26. Vigo Exp: T-9741/96
Liq.: 600401293085García Villar, Agustín
Aumento base impoñible
Castro Rodríguez, José
Aumento base impoñible
Invest 95, S.A.
Aumento base impoñible