De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a resolución do dito expediente, por infracción á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu Regulamento do 23 de decembro.
O importe da sanción farase efectivo a través dos impresos normalizados que lle serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo; Ronda da Muralla, 70, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ó da presente publicación conforme ó Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto). De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobro pola vía administrativa de constrinximento.
Non obstante, de acordo co artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución e no prazo dun mes poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.
Lugo, 27 de abril de 1999.
Luis González Vázquez
Delegado provincial de Lugo
ANEXO
-Expediente nº: IF-166/98.
Denunciado: Rogelio Varela López.
DNI: 33.348.028-Y.
Dirección: r/ Lamas de Prado, 222, Lugo.
Feito denunciado: acender lume para queimar rolos de cobre con envoltura de plástico, en lugar non
autorizado e inadecuado para iso, xa que se trata dunha zona con arboredo e de recreo.
Precepto infrinxido: artigo 137 b) do Regulamento de incendios.
Cualificación infracción: grave.
Sanción: 10.000 ptas. de multa.