Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Xoves, 27 de maio de 1999 Páx. 6.440

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución formulada no expediente sancionador de montes 98/149MP.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe, por infracción da Lei de montes do 8 de xuño de 1957 (BOE nº 151) e do seu Regulamento do 22 de febreiro de 1962, por non ser posible a súa notificación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-lo impreso normalizado que lle será facilitado nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña.

De non efectua-lo pagamento voluntario, dispón o interesado dun prazo de quince días, contados a

partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formular cantas alegacións considere pertinentes. No mesmo prazo póñense os procedementos de manifesto para trámite de vista, se o considera oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que figuran no expediente, remitiráselle ó director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural da Consellería de Medio Ambiente, para a resolución do expediente.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

A Coruña, 30 de abril de 1999.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Tipificación

Lei de montes

ExpedienteDenunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feitos denunciadosArtigoCualificaciónSanción

proposta

98/149MPCastro Tato, José Mª

76.451.638

Porto, 43 Conxo-Santiago de

Compostela

Corta sen autorización43226.000 ptas.