Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Xoves, 27 de maio de 1999 Páx. 6.443

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 26 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a incoación do expediente sancionador OU 24/99C (caza-Ourense).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás personas que nos anexos se mencionan a incoación de expediente sancionador por presuntas infraccións á Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia (DOG nº 33, do 11 de xullo).

Noméase instructora do expediente a Miriam López Areal, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo, 18-5º, e formula-las alegacións e achega-los documentos que consideren convenientes na súa defensa.

De non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Ourense, 26 de abril de 1999.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

-Expediente: OU 24/99P.

Denunciado: Alfonso Rodríguez Correa.

DNI: 34.729.945.

Último enderezo coñecido: Carraxo, Laza (Ourense).

Feito denunciado: cazar sen a documentación da arma.

Precepto infrinxido e sancionador: Art. 58.29º da Lei de caza.

Sanción: 100.001 pesetas e inhabilitación durante un ano e un día para obte-la licencia.