Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Xoves, 27 de maio de 1999 Páx. 6.443

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 1999 pola que se fai pública a adxudicación da contratación, polo procedemento negociado con publicidade, da obra: reparacións varias (illamento térmico) no grupo de 50 vivendas denominado Virxe do Cristal en Celanova, Ourense. (Expediente OU-98/REP 02).

Para os efectos do disposto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas, faise público que por resolución do director xeral do IGVS de 30 de abril de 1999, adoptada en virtude de

delegación conferida mediante resolución do presidente do IGVS do 6 de abril de 1995, foille adxudicado o contrato á empresa Val de Lemos, S.L., por un importe de seis millóns seiscentas noventa e catro mil seiscentas oito (6.694.608) pesetas, IVE incluído, para un prazo de execución de tres (3) meses.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 1999.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José A. Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo