Aprobado pola Comisión de Goberno en sesión do 22 de abril de 1999, o prego de condicións técnicas e de cláusulas económico-administrativas que han de rexer no concurso para a adquisición de tractor equipado con pa-retroescavadora, exponse ó público durante o prazo de oito días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP, para efectos de reclamacións.
Simultaneamente anúnciase o correspondente concurso, se ben este se aprazaría, de resultar necesario, no caso de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.
Obxecto: contratación por concurso da adquisición de tractor equipado con pa e retroescavadora, para o Servicio de Vías e Obras.
Tipo de licitación: 10.000.000 de ptas.
Prazo de entrega: un mes desde a notificación da adxudicación.
Exame do expediente: na secretaría do concello, de 9 a 13 horas, durante o prazo de presentación de proposicións.
Fianza: a provisional establécese en 200.000 ptas, e a definitiva igual ó 4% do importe da adxudicación.
Presentación de proposicións: na Secretaría Municipal, de 9 a 13 horas, durante o prazo de 26 días naturais contados a partir do día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou DOG.
Apertura de plicas: terá lugar ás dez horas do primeiro día hábil seguinte ó que remate o prazo de presentación de proposicións. Se este coincidise en sábado, terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
Criterio de adxudicación: serán os fixados na cláusula XIII do prego de condicións.
Modelo de proposición: o recollido na correspondente cláusula do prego. Os licitadores presentarán simultaneamente coa proposición, en sobre á parte, os documentos que se indican na referida cláusula.
Gastos: serán por conta do adxudicatario os gastos de anuncios e impostos que procedan, incluídos o IVE, e tódolos demais que orixine o expediente.
Vila de Cruces, 26 de abril de 1999.
O alcalde-presidente
Rubricado