De conformidade co establecido na Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de atribucións nos órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.
Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar concurso público por procedemento aberto e trámite de urxencia para a contratación da subministración consistente na adquisición da uniformidade para persoal laboral de centros dependentes desta delegación provincial.
Obxecto: subministración: adquisición de uniformidade.
Orzamento: 10.620.750 ptas., (euros 63.831,99). Garantía provisional: 212.415 ptas., (euros 1.276,64).
-Partida I: roupas diversas (á medida): 1.909.850 ptas., (un millón novecentas nove mil oitocentas cincuenta pesetas), (euros 11.478,43). Garantía provisional: 38.197 ptas., (euros 229,57).
-Partida II: pixamas e batas: 1.937.500 ptas., (un millón novecentas trinta e sete mil cincocentas pesetas), (euros 11.644,61). Garantía provisional: 38.750 ptas., (euros 232,89).
-Partida III: roupas de punto: 2.790.000 ptas., (dous millóns setecentas noventa mil pesetas), (euros 16.768,24). Garantía provisional: 55.800 ptas., (euros 335,36).
-Partida IV: roupas de cociña: 467.400 ptas., (catrocentas sesenta e sete mil catrocentas pesetas), (euros 2.809,13). Garantía provisional: 9.348 ptas., (euros 56,18).
-Partida V: roupas de mantemento: 183.000 ptas., (cento oitenta e tres mil pesetas), (euros 1.099,85). Garantía provisional: 3.660 ptas., (euros 22,00).
-Partida VI: roupas deportivas: 820.500 ptas., (oitocentas vinte mil cincocentas pesetas), (euros 4.931,30). Garantía provisional: 16.410 ptas., (euros 98,63).
-Partida VII: calzado: zapatos de pel: 588.000 ptas., (cincocentas oitenta e oito mil pesetas), (euros 3.533,95). Garantía provisional: 11.760 ptas., (euros 61,60).
-Partida VIII: calzado: zapatillas deportivas: 512.500 ptas., (cincocentas doce mil cincocentas pesetas), (euros 3.080,19). Garantía provisional: 10.250 ptas., (euros 61,60).
-Partida IX: calzado: zocos: 1.412.000 ptas., (un millón catrocentas doce mil pesetas), (euros 8.486,29). Garantía provisional: 28.240 ptas., (euros 169,73).
O licitador poderá presenta-la súa oferta por cada unha das partidas independentemente.
Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto e trámite de urxencia.
Prazo de entrega: desde a sinatura do contrato, tres meses.
Clasificación: non se esixe.
Fianza definitiva: 4% do orzamento.
1. Exposición de documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e demais documentación técnica, poderá ser examinada nas delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.
2. Solvencia económica, financeira e técnica: os licitadores terán que acreditar-la solvencia económica, financeira e técnica, nas formas previstas na Lei de contratos das administracións públicas.
3. Lugar e prazo de presentación de propostas: deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Delegación Provincial de Pontevedra ou nas súas dependencias en Vigo, Avda. Cánovas del Castillo, s/n, antes das 14 horas do décimo quinto día natural a partir do seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado, comunicando o mesmo día a esta delegación provincial mediante telegrama ou telefax.
4. Documentación que deberán presentar-los licitadores: os licitadores presentarán en sobre pechado e asinado por este a documentación persoal, a proposta económica e as referencias técnicas descritas no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.
5. Criterios de adxudicación: os definidos no punto nº 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.
6. Apertura de propostas: será realizada pola mesa de contratación o décimo terceiro día natural seguinte ó do final do prazo de presentación de propostas na sala de xuntas da Delegación Provincial de Pontevedra nas súas dependencias de Vigo, avenida Cánovas del Castillo, s/n ás 10 horas en acto público. Se coincidise ese día en sábado ou festivo, reuniranse o primeiro día hábil seguinte.
7. O pagamento deste anuncio será por conta do adxudicatario.
Vigo, 13 de maio de 1999.
P.D. (Orde 21-4-1998)
Mª Dolores Pan Vázquez
Delegada Provincial de Pontevedra

