Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Luns, 31 de maio de 1999 Páx. 6.619

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBADOS

EDICTO.

Aprobadas polo Pleno da Corporación as bases da oposición libre para provisión, en propiedade, dunha praza de garda da policía local do Concello de Cambados, incluída na oferta de emprego público para 1999, faise público un extracto destas, publicándose o seu texto íntegro no BOP de Pontevedra.

Obxecto da convocatoria. A provisión, en propiedade, mediante oposición libre, dunha praza de garda da policía local, encadrada no grupo D, nivel 12, e dotada coas retribucións básicas e complementarias coas que figura no cadro correspondente do orzamento municipal.

Condicións dos aspirantes. Ser español. Ter cumpridos 18 anos e non supera-los 30. Atoparse en posesión do título de graduado escolar, FP1º ou equivalente. Non estar inhabilitado para o exercicio das funcións públicas, nin separado do servicio das administracións públicas. Ser titular do permiso de conducir das clases A2 ou A e B2 ou BTP Posuír unha estatura mínima de 1'70 m para homes, e 1'65 m para mulleres. Comprometerse a portar armas e, se é o caso, chegar a utilizalas. Acredita-la aptitude física mediante a presentación de certificado médico. Non atoparse incurso en caso de incapacidade ou incompatibilidade. Todos estes requisitos deberán ser referidos á data na que remate o prazo de presentación de instancias.

Solicitudes e admisión. As instancias nas que se solicita tomar parte na oposición, ás que os aspirantes engadirán fotocopia do DNI, e os xustificantes esixidos nos puntos e), g) e h) da base 2º, dirixiranse ó alcalde-presidente, durante o prazo de vinte (20) días naturais, contados do seguinte ó da publicación do extracto do anuncio da convocatoria, no DOG. Os dereitos de exame fíxanse na cantidade de 1.500 ptas. A lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos, se fará pública no BOP de Pontevedra.

Tribunal cualificador. O tribunal cualificador estará composto do seguinte xeito: presidente, o alcalde ou membro da corporación en quen delegue. Secretario, o da corporación ou funcionario en quen delegue. Vocais, un representante da Xunta de Galicia; un funcionario de carreira e un representante dos sindicatos máis representativos no concello. A composición do tribunal farase pública no BOP.

Probas da oposición. Con carácter previo ó comezo das probas, realizarase a práctica de control de estatura e demais medidas antropométricas e un exame psicotécnico.

Probas de capacitación física. Consistirán en: proba de resistencia; proba de velocidade; proba de lanzamento; forza flexora; salto de lonxitude e salto de altura.

Exercicio teórico. Consistirá en desenvolver por escrito, durante o prazo máximo de dúas horas, dous temas dos incluídos no programa anexo ás bases da convocatoria.

Exercicio práctico. Consistira en desenvolver un suposto práctico presentado polo tribunal.

Curso selectivo de formación. Para o ingreso definitivo, será requisito indispensable a superación dun curso selectivo na Academia Galega de Seguridade.

Obtención das bases íntegras. Ademais da súa publicación no BOP, poderase consegui-la súa copia nas oficinas municipais.

Cambados, 3 de maio de 1999.

José M. Cores Tourís

Alcalde