Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 01 de xuño de 1999 Páx. 6.734

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERDEDO

ANUNCIO.

O Pleno do Concello de Cerdedo, en sesión ordinaria celebrada o día vintecatro de abril de 1999, acordó aproba-la bandeira municipal, conforme a seguinte descrición:

Partida no centro. De azul na asta, co cordeiro pascual disposto sobre o libro dos sete selos, todo isto nas súas cores convencionais, e de vermello o batente.

De acordo co establecido no Decreto do 10-9-1992, sométese á información pública polo período dun mes contado a partir da publicación deste anuncio no DOG.

Durante este prazo os interesados poden presenta-las reclamacións que consideren oportunas.

Cerdedo, 3 de maio de 1999.

O alcalde

Rubricado