Obxecto: execución de obras de iluminación pública en Sobrada.
Orzamento: 11.078.000 pesetas.
Garantías: provisional: 221.560 pesetas.
Definitiva: 4% do remate da adxudicación.
Prazo de execución: tres meses.
Información: secretaría do concello.
Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do concello, nas horas de oficina, dentro do prazo de 26 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación do anuncio de licitación no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.
Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario.
Outeiro de Rei, 26 de abril de 1999.
José Pardo Lombao
Alcalde

