Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Luns, 07 de xuño de 1999 Páx. 7.028

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 1999, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se procede a nomear e facer pública a composición dos tribunais que xulgarán os procedementos selectivos de ingreso e acceso ós corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de música e artes escénicas convocados por Orde do 15 de marzo de 1999.

En cumprimento do sinalado na base común 5 da Orde do 15 de marzo de 1999 (Diario Oficial de Galicia do 22), pola qu ese convocaban procedementos selectivos de ingreso e acceso ós corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de música e artes escénicas.

Esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Nomea-los tribunais que deberán xulga-los procedementos selectivos de ingreso e acceso

ós corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de música e artes escénicas nos anexos I, II, III e IV desta resolución.

Segundo.-As localidades de actuación dos citados tribunais faranse públicas na resolución desta dirección xeral na que cada tribunal anunciará a hora e o lugar do acto de presentación, celebración das probas de coñecemento de lingua castelá, se é o caso, coñecemento de lingua galega e primeira parte da proba.

Terceiro.-Quedan autorizadas as comisións de servicios dos membros dos tribunais que necesiten desprazarse da súa residencia oficial para o exercicio de tal función, tendo dereito a percibi-las axudas de custos e gastos de viaxes de acordo coa lexislación vixente. Os medios de locomoción usados serán calquera dos previstos no Decreto 299/1990, do 24 de maio, debendo entenderse que queda expresamente autorizado o uso de vehículos propios, de acordo co citado decreto.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 1999.

Jaime García García

Director xeral de Persoal