Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Luns, 07 de xuño de 1999 Páx. 7.050

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado da liña a S/C 66 kV subestación do parque eólico de Careón-módulo de interconexión da liña 66 kV Melide-Palas de Rei (concello de Palas de Rei) e da súa declaración de utilidade pública. (Expediente 25/1999 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado das liñas eléctricas de referencia, as cales contan coas características técnicas que se relatan a continuación:

a) Peticionario: Energías Especiales de Careón, S.A. r/ Betanzos, 1-1º Esq, 15004 A Coruña.

b) Finalidade: interconexión da subestación do parque eólico de Careón co módulo de interconexión da liña Melide-Palas de Rei, co fin de evacua-la enerxía producida no parque eólico.

c) Características técnicas principais: liña cunha tensión nominal de 66 kV, 1 circuíto, cunha lonxitude de 2,280 km, potencia máxima de 47,67 MWA

e conductores tipo aluminio-aceiro LA 180 de sección total 181,6 mm e 6.520 kg de carga de rotura.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó amparo do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións incluídas neste proxecto que, segundo o sinalado no artigo 54 da devandita lei, levará implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, esta resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997, e no que non se opoñan a ela nos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa de sancións en materia de instalacións eléctricas.

3. Alegacións.

O que se fai público para que poidan examinarse os proxectos de instalacións nesta delegación provincial (edificio administrativo, Ronda da Muralla, 70, Lugo), e formular contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas durante o prazo de trinta días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, alegacións por escrito en relación co disposto nos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1996, podendo corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 26 de maio de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Liña: 66 kV. Parque eólico de CareónProvincia: Lugo

Concello: Palas de Rei

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosDomicilionº apoiommlm

19Pena VentosaMonte baixoHros. José Mosquera Castiñeiras

Rpta. Celia Mosquera

r/ Bispo Varela, nº 2-2º D (Edif. Verde), 15800 Melide

(A Coruña

--12333

22Pena VentosaMonte baixoDescoñecido---14417

28Pena VentosaMonte baixoElena Agra VázquezIgnorado--8240

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosDomicilionº apoiommlm

32Pena VentosaMonte baixoDescoñecido---9270

35Pena VentosaMonte baixoDescoñecido---11330

36Pena VentosaMonte baixoDescoñecido---6180

40Pena VentosaMonte baixoDescoñecido---7210

44Pena VentosaMonte baixoHerminia Bargados DevesaAvda. de Lugo, 53

15800 Melide (A Coruña)

--8240

49Pena VentosaMonte baixoDescoñecido---8240

50Pena VentosaMonte baixoDescoñecido-528240

52Pena VentosaMonte baixoManuel Paredes Prieto e irmánIgnorado--10300

53Pena VentosaMonte baixoDescoñecido---7210

56Pena VentosaMonte baixoRogelia Devesa SánchezRosende-Cuíña, 27208 Palas de Rei (Lugo)--8240

59Pena VentosaMonte baixoDescoñecido---13390

62Pena VentosaMonte baixoDescoñecido---13390

63Pena VentosaMonte baixoDescoñecido---14420

72Pena VentosaMonte baixoDescoñecido---13390

73Pena VentosaMonte baixoDescoñecido---12360

89LoseiroMonte baixoPresentación Rúa LópezRúa Campos Novos, nº 117-1º D, 27002 Lugo--14420

103LoseiroMonte baixoDescoñecido---14420