Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Martes, 08 de xuño de 1999 Páx. 7.165

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 1999 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, dun contrato de consultoría e asistencia para a implantación e control estatístico de conxuntura industrial e balanza tecnolóxica da Comunidade e Autónoma de Galicia.

Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Industria e Comercio.

Dependencia que tramita el expediente: Dirección Xeral de Industria.

Número de expediente: 5/99.

Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: implatación e seguimento do control estatístico de conxuntura industrial e balanza tecnolóxica da Comunidade Autónoma de Galicia.

Lugar de execución: a Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 30 de novembro do ano 2000, a execución parcial levarase a cabo de acordo co establecido no prego de prescricións técnicas.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación.

Importe total: 32.500.000 pesetas, IVE incluído.

Garantías.

Provisional: 650.000 ptas.

Obtención de documentación e información.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Enderezo: San Caetano, 5-4º planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Teléfono: 981 54 55 22.

Fax: 981 57 34 69.

Data límite de obtención de doumentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación.

Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio.

Enderezo: San Caetano, 5-4º planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses conforme o artigo 90 da Lei 13/1995 da LCAP.

Admisión de variantes: (concurso): non se admiten.

Outras informacións: os licitadores deberán xustifica-la solvencia económico-financeira a través dun informe de institucións financeiras de conformidade co artigo 16.1º a) da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas. Así mesmo, a solvencia técnica e profesional acreditarase mediante unha relación dos principais servicios ou traballos realizados nos últimos tres anos que inclúa importes, datas e beneficiarios públicos ou privados deles de conformidade co artigo 19.b) LCAP.

Aperturas das ofertas.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Data: décimo primeiro día desde ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se éste fose inhábil ou sábado, posporase ó primeiro día hábil seguinte.

Hora: trece horas.

Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 1999.

Antonio Couceiro Méndez

Consellerio de Industria e Comercio