Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Martes, 08 de xuño de 1999 Páx. 7.169

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA PONTENOVA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión extraordinaria do 12 de abril de 1999, aprobou os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexerán a contratación, polo procedemento aberto e sistema de concurso, das obras de pavimentación dos accesos á parroquia de Xudán (núcleo de Eirexúa e outros).

Os citados pregos estarán expostos ó público durante 8 días para os efectos de que se poidan presenta-las reclamacións contra eles.

Ó mesmo tempo, o concello anuncia a licitación do citado contrato de obras, a cal quedará aplazada se houbese reclamacións contra os pregos ata a súa resolución.

Obxecto do contrato: execución das obras pavimentación dos accesos á parroquia de Xudán (núcleo de Eirexúa e outros).

Lugar de execución: termo municipal da Pontenova.

Prazo de execución: seis (6) meses.

Orzamento de licitación: 7.860.000 pesetas, IVE incluído.

Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma: concurso. Garantías: provisoria 157.200 pesetas e definitiva 4% do orzamento de adxudicación.

Información: Concello da Pontenova (Lugo).

Presentación de proposicións: vinteseis días naturais contados desde o seguinte ó da publicación deste edicto no DOG.

Anuncio extenso no BOP de Lugo, nº 99 do 4 de maio de 1999 e corrección de erros no BOP de Lugo, nº 105 do 11 de maio.

A Pontenova, 12 de maio de 1999.

Enrique Fernández González

Alcalde