Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Martes, 08 de xuño de 1999 Páx. 7.170

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE AMES

EDICTO.

A Comisión de Goberno deste concello, en sesión que tivo lugar o día 18 de maio de 1999, acordou aprobar inicialmente o documento chamado proxecto de urbanización do polígono industrial do Milladoiro, Ames, A Coruña promovido por APISA.

O que se fai público polo prazo dun mes de acordo co establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Ames, 26 de maio de 1999.

O alcalde

Rubricado