O Concello de Vilalba, en sesión realizada pola Comisión de Goberno o día 16-3-1999, aprobou as bases que terán que rexe-la convocatoria do certame literario do concello de Vilalba na súa XXV edición, resumidas en dous premios de 500.000 e 150.000 ptas. nas modalidades de narrativa e poesía, repectivamente, en lingua galega.
Os interesados en participar no certame deberán dirixi-los seus traballos ó Concello de Vilalba antes das 12 horas do día 17-7-1999, e poderán pedi-las bases nas oficinas municipais, directamente ou por correo.
Vilalba, 2 de xuño de 1999.
O alcalde
Rubricado

