Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Xoves, 10 de xuño de 1999 Páx. 7.332

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FEDERACIÓN GALEGA DE BANDAS DE MÚSICA POPULARES

ANUNCIO

A Federación Galega de Bandas de Música Populares fai pública a decisión do xurado do primeiro premio de composición de música para banda, e que se dou a coñecer no DOG do xoves 22 de abril de 1999.

Por decisión unánime do xurado, o primeiro premio de composición musical para bandas, correspondeu á obra presentada co título Suite Céltica, autor J. Vicent Egea.

Tamén este xurado, a pesar de non premia-la obra A Carón do Miño, do autor Aníbal Carricoba Gay, considera que a dita obra ten o suficiente interese musical como para que se edite, e así o aconsella.

A entrega do premio e a estrea da obra premiada: Suite Céltica celebraranse o día 30 de novembro de 1999, ás 20 horas, na sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia, coincidindo co V Festival de Bandas de Música de Ámbito Estatal.

Luis Vázquez Rodríguez

Presidente da Federación Galega de Bandas de Música Populares