O Instituto Galego de Medicina Técnica anuncia a convocatoria pública dos postos vacantes que se relacionan, de acordo coas seguintes bases:
2 médicos especialistas en radioloxía. Ref.: MER.
Titulación: título homologado de licenciado en medicina e cirurxía, con especialidade en radiodiagnóstico.
Experiencia: experiencia profesional mínima dun ano en resonancia magnética e TC helicoidal. Valorarase experiencia en radiocirurxía esterotáxica.
Procedemento de selección: valoración dos méritos (55%), probas psicotécnicas (25%) e entrevista persoal (20%).
1 técnico en radiodiagnóstico. Ref.: TER.
Titulación: título homologado de técnico especialista en radiodiagnóstico.
Experiencia: experiencia acreditada conxuntamente en resonancia magnética e tomografía computerizada, durante un mínimo dun ano.
Procedemento de selección: valoración dos méritos (55%), probas psicotécnicas (25%) e entrevista persoal (20%).
1 auxiliar sanitario. Ref.: AXSN.
Titulación: título de graduado escolar; valorarase a formación complementaria e os coñecementos de informática a nivel usuario.
Experiencia: experiencia mínima dun ano en tarefas de apoio a actividades asistenciais en unidades clínicas ou hospitais.
Procedemento de selección: valoración dos méritos (55%), probas psicotécnicas (25%) e entrevista persoal (20%).
1 ATS/DUE tempo parcial. Ref.: ATS.
Titulación: título homologado de ATS/DUE.
Experiencia: experiencia mínima dun ano como ATS; valorarase experiencia como instrumentista en quirófano ou en unidades intervencionistas radiolóxicas, así como en pediatría.
Procedemento de selección: valoración dos méritos (55%), probas psicotécnicas (25%) e entrevista persoal (20%).
Para tódolos postos valorarase:
Dominio do galego.
Actitude de atención e respecto cara ó usuario.
Capacidade de traballo.
Dispoñibilidade horaria.
Presentación de solicitudes:
Os interesados que cumpran os requisitos esixidos deberán remiti-lo seu currículum dirixido ó Instituto Galego de Medicina Técnica, Praza Europa 5 A, 6º B (15703-Santiago de Compostela), coa correspondente referencia, no prazo improrrogable de vinte días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio, indicando no sobre a referencia á que se presenta. Deberá presentarse copia compulsada, se é o caso, dos certificados de
servicios prestados, dos diplomas acreditativos de cursos e do título mínimo esixido para cada convocatoria.
Inicio das probas:
As probas non se realizarán antes dun mes desde que se publique esta convocatoria, de acordo co disposto no artigo 4 da Lei 10/1996.
Entre tódolos candidatos que non sexan elixidos e que cumpran os requisitos esixidos na convocatoria, e en función das puntuacións obtidas, confeccionarase unha lista de contratacións, que terá unha vixencia dun ano.
Íñigo Álvarez Canoa
Director xerente do Instituto Galego de Medicina Técnica, S. A.

