Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Xoves, 17 de xuño de 1999 Páx. 7.722

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBEIRA

ANUNCIO para a contratación de obras.

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Padroado do Deportivo Municipal do Concello de Ribeira.

2. Obxecto do contrato:

Denominación do proxecto: reparación da cuberta do polideportivo A Fieiteira.

Prazo de execución: un mes.

Plan: municipal.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento:

Prezo base de licitación: 11.518.784 ptas. (IVE incluído).

5. Garantías:

Provisional: 230.375 ptas.

Definitiva: 460.750 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

Entidade: Concello de Ribeira.

Domicilio: praza do Concello, nº 1, Ribeira (A Coruña). C.P. 15960.

Teléfono: 981 83 54 17.

Data límite: ata o día de finalización do prazo para presenta-las ofertas.

7. Requisitos do contratista:

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas:

Prazo: trece días naturais contados a partir do seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP da Coruña ou no Diario Oficial de Galicia, en horario das 9 ás 13.30 horas. No caso de que coincida en sábado o día de finalización do prazo, este quedará prorrogado automaticamente para o seguinte día hábil.

Lugar: rexistro xeral do Concello de Ribeira.

Modelo de proposición: véxase o anexo II do prego de condicións.

Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.

9. Apertura das ofertas:

Lugar: Casa do Concello de Ribeira.

Data e hora: o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo da presentación de ofertas, ás 12 horas. No caso de que coincida en sábado, terá lugar o seguinte día hábil.

10. Gastos:

Os derivados da publicación dos anuncios de licitación serán por conta do adxudicatario.

Ribeira, 4 de xuño de 1999.

José Luis Torres Colomer

Alcalde