Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Luns, 21 de xuño de 1999 Páx. 7.871

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 1999 pola que se anuncia poxa para a execución das obras comprendidas no proxecto de urbanización da rúa Ángel Senra. (Ref. O99/34).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación de Obras. b) Número do expediente: O99/34.

2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de urbanización da rúa Ángel Senra.

Prazo de execución: oito meses.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: poxa.

4. Orzamento base de licitación: 79.990.332 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 1.599.807 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: praza de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Correo electrónico: cristina*aytolacoruna.es. g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Clasificación: grupo G, subgrupo 3, categoría d; grupo I, subgrupo 1, categoría b.

8. Presentación de proposicións:

a) Prazo: vienteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, finalizando ás 13 horas. No caso de resulta, sábado o día de finalización do prazo, quedará este atomaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do trancurso do prazo de licitación. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o contido deles («Proposición económica» e «Documentación administrativa») e o seguinte lema: «Proposición que presenta... para optar á poxa para a contratación das obras comprendidas no proxecto de urbanización da rúa Ángel Senra (Ref. O99/34).»

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 1 de xuño de 1999.

O alcalde

P.D.

Rubricado