Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Luns, 21 de xuño de 1999 Páx. 7.874

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (863/1998).

En cumprimento co disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise público para o coñecemento xeral a seguinte adxudicación de contrato de obra:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: negociado de vías.

c) Número de expediente: 863/1998.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: de obra.

b) Descrición do obxecto: secado térmico de lodos na EDAR de Reza.

c) Lote: único.

d) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: DOG do 6 de novembro e BOE do 27 de outubro de 1998.

3. Trámite, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 250.000.000 de ptas.

5. Adxudicación.

a) Data: 29 de abril de 1999.

b) Contratista: Isolux Wat, S.A.

c) Importe de adxudicación: 202.571.138 ptas.

Ourense, 5 de maio de 1999.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde