1. Nome, enderezo, número de teléfono e telégrafo, télex e telefotocopiadora do poder adxudicador.
Xunta de Galicia. Organismo autónomo Augas de Galicia, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela, A Coruña (España).
Teléfono nº: 981 54 45 51.
Telefax nº: 981 54 45 34.
2. a) Modalidade de adxudicación elixida: concurso de proxecto e execución polo procedemento aberto.
b) Contido do contrato obxecto da licitación: ampliación e mellora da EDAR de Vigo (Vigo-Pontevedra).
De clave: OH.336.411, orzamento estimado: 1.025.000.000 de ptas. (equivalentes a 6.160.374,070 euros).
3. a) Lugar de execución: termo municipal de Vigo (Pontevedra).
b) Natureza e alcance das prestacións e características da obra: a ampliación consiste na construcción doutra liña biolóxica para tratar 750 l/seg, completándose así o caudal de 1.500 l/seg da cidade de Vigo.
As unidades principais da obra son:
1. Pozo de grosos con desareador.
2. Melloras no pretratamento con nova reixa e cribo.
3. Reactor biolóxico para un caudal de 750 l/seg.
4. Mellora dos equipos da liña de lodos.
5. Mellora das instalacións eléctricas con automatización e garantías de subministración.
6. Melloras no sistema de desodorización e urbanización.
Orzamento estimado: mil vintecinco millóns de pesetas (1.025.000.000 de ptas., equivalentes a 6.160.374,070 euros).
4. Prazo de execución eventualmente imposto: 24 meses.
5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse o prego de condicións e os documentos complementarios: o indicado no punto número 1.
6. a) Data límite de recepción das ofertas: 23 de agosto de 1999, ás 12 horas.
b) Enderezo ó que deben enviarse as ofertas: o indicado no punto 1 deste anuncio e na forma establecida nos pregos de condicións.
c) Lingua ou linguas en que deben redactarse as ofertas: galego, castelán ou nos idiomas da Comunidade Económica Europea, xunto coa traducción oficial.
7. a) Se é o caso, persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: acto público.
b) Data, hora e lugar da apertura das ofertas: 2 de setembro de 1999, ás 10 horas, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.
8. Se é o caso, fianza e garantía esixidas: esixirase unha fianza provisional do 2% do orzamento estimado de contrata (20.500.000 ptas., equivalentes
a 123.207,481 euros) e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata da solución elixida.
As ditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.
9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencias ós textos que a regulan: pagamentos á conta de carácter mensual, baseados na avaliación do traballo, de conformidade co artigo 145 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.
10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de empresarios adxudicataria do contrato: poderán aceptarse ofertas de agrupación temporal de contratistas segundo a Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e normativa de desenvolvemento.
11. Condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o contratista: as que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
12. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses conforme o artigo 90 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.
13. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
14. Información complementaria.
Clasificación: grupo K, subgrupo 8, categoría e.
15. Data de envío do anuncio: 16 de xuño de 1999.
16. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 16 de xuño de 1999.
O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 16 de xuño de 1999.
Agustín Hernández Fernández de Rojas
Presidente do organismo autónomo Augas
de Galicia

