1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: concello de Ferrol.
b) Dependencia que tramita o expediente: zona rural.
2. Obxecto do contrato:
a) Pavimentación con tratamentos asfálticos en camiños municipais: Castro (Marmancón); Barreira-Buíde, Rioxunto e Tralo Castro (Esmelle), O Coto, Confurco, Do Castro, Fonte-As Ribas e Curras (Doniños), Beleicón e Vinculeiro (Santa Icía) e Areosa, Seara e Regueira en Pazos. Tipo de licitación: 19.943.875 ptas., incluído o IVE, que se financiará con cargo á partida orzamentaria 23-5111-601.02 do orzamento xeral en vigor. Garantía provisional: 398.877 ptas. Prazo de execución: tres meses.
b) Pavimentación con tratamentos asfálticos en camiños municipais: estrada de San Felipe-San Cristovo; Coto-Souto, e Carballo Mouro en Serantes, Refertas (Santa Icía); Rivas (H) e Rega (Doniños). Tipo de licitación: 18.062.916 ptas., incluído o IVE, que se financiará con cargo á partida orzamentaria 23-5111-601.02 do orzamento xeral en vigor. Garantía provisional: 361.258 ptas. Prazo de execución: tres meses.
c) Proxecto de pavimentación con firme de formigón dos camiños do Coto (Paredes) e Tralo Castro en Doniños. Tipo de licitación: 4.986.176 ptas., incluído o IVE, que se financiará con cargo á partida orzamentaria 23-5111-601.02 do orzamento xeral en vigor. Garantía provisional: 99.723 ptas. Prazo de execución: dous meses.
4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación do expediente: trámite urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: poxa.
5. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: concello de Ferrol.
b) Dependencia: zona rural.
c) Domicilio: Praza de Armas, s/n.
d) Localidade e código postal: Ferrol-15402.
e) Teléfono: 981 33 67 05.
f) Fax: 981 33 67 47.
g) Data límite de obtención de documentos e información: o último día de finalización de presentación de ofertas.
6. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:
As ofertas presentaranse individualmente para cada unha das tres obras.
a) Data límite de presentación: trece días naturais, contados desde o día en que apareza publicado o anuncio de licitación no DOG (se o último día coincidise en sábado, festivo ou domingo, trasladarase ó seguinte día hábil).
b) Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 11 do prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral sito na planta baixa.
1ª. Entidade: concello de Ferrol.
2ª. Domicilio: praza de Armas, s/n.
3ª. Localidade e código postal: Ferrol-15402.
4º. Teléfono. 981 33 67 03.
5º. Fax: 981 35 41 22.
7. Apertura das ofertas:
a) Entidade: concello de Ferrol.
b) Domicilio: praza de Armas, s/n.
c) Localidade: Ferrol.
d) Data: o día que oportunamente se lles sinale ós licitadores.
e) Hora: a que oportunamente se lles sinale ós licitadores.
8. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.
Ferrol, 28 de maio de 1999.
Mario Villaamil Pérez
Alcalde

