Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Martes, 22 de xuño de 1999 Páx. 7.987

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 1999 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación de servicios de natureza análoga á de economato.

Expediente nº 99/1275 do Servicio de Patrimonio e Contratación.

Obxecto: selección de establecementos comerciais coa finalidade de que o persoal (funcionario ou laboral) que presta os seus servicios na deputación poida adquirir neles bens ou productos con desconto, co carácter de servicios análogos ós de economato.

Lugar: termo municipal da Coruña.

Prazo de vixencia: 1 de xullo de 1999 ata o 31 de decembro de 1999.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación urxente.

Achega da deputación: a deputación aboaralle ó establecemento comercial en concepto de achega de natureza análoga á de economato a cantidade de 7.400 pesetas= 44.47 euros trimestrais IVE incluído, por persoa (funcionario ou laboral) que se adherise ó establecemento comercial.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: non se esixe.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación teléfono 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite. En horario laboral das 9 ás 13 horas, dentro do prazo de trece días naturais contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 16 de xuño de 1999.

Augusto César Lendoiro

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña