Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 90, do 12 de maio de 1999, cómpre face-las seguintes correccións:
1) Na páxina 5.693 no artigo 28, onde di: «... escafandrista instructor e operador de cámaras poderase renovar...», debe dicir: «... escafandrista instructor e operador de cámaras hiperbáricas poderase renovar...».
2) Na páxina 5.695, disposición adicional segunda, onde di: «...os facultativos titulares pertencentes...», debe dicir: «...os facultativos pertencentes...».
3) Na páxina 5.701 no anexo III, Libro diario de mergullo: apartado 2, onde di: «Rexistro de inmersións. 400 páxinas», debe dicir: «Rexistro de inmersións. 200 páxinas».
4) Na páxina 5.702 no anexo III, Libro diario de mergullo, no modelo de folla Diario de Mergullo, onde di:
«O director xeral de
Formación Pesqueira e Investigación
Firma del director general
de Formación Pesqueira e Investigación
The director general de
Formación Pesqueira e Investigación».
Debe dicir:
«O delegado territorial da
Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura
Firma del delegado territorial
de la Consellería de Pesca, Marisqueo y Acuicultura
The territorial chief
Fishing and Aquaculture Department».
5) Na páxina 5.707 no anexo IV, En piscina: apartado 3, onde di: «Nadar 200 metros braza con equipo lixeiro», debe dicir: «Nadar 200 metros con equipo lixeiro de mergullo».
Nesta mesma páxina no anexo V, apartados 1. Mergullador en apnea e 2. Iniciación ó mergullo profesional, onde di: «Se é menor de 16 anos...», debe dicir: «Se é menor de 18 anos e maior de 16...».
6) Na páxina 5.708 no anexo VI, 1. Mergullador en apnea, * Normas para a realización de prácticas, no seu punto 1, onde di: «... (profundidade menor de 2 metros), o número mínimo de xornadas de prácticas será de 6...», debe dicir: «... (profundidade menor de 2 metros), o número mínimo de xornadas de prácticas será de 4...». E onde di: «5.-Primeiros auxilios», debe dicir: «6.-Primeiros auxilios», onde di: «6.-Procedementos de traballo. Seguridade e saúde laboral», debe dicir: «7.-Procedementos de traballo. Seguridade e saúde laboral», onde di: «7.-A extracción de recursos responsable», debe dicir: «8.-A extracción de recursos responsable».
7) Na páxina 5.716, no mesmo anexo VI, Mergullo en ambientes confinados, no seu apartado 2 parágrafo segundo, onde di: «O tempo mínimo en traballos en
sumas libres...», debe dicir: «O tempo mínimo en traballos en augas libres...».
Na mesma páxina e no mesmo anexo VI, Mergullo profesional de 2ª clase, * Obxectivos concretos para cada unidade didáctica, no seu punto 1, parágrafo quinto, onde di: «A normativa de mergullo profesional do Realth...», debe dicir: «A normativa de mergullo profesional do Health...».
8) Na páxina 5.719 do anexo VI, na segunda líña, onde di: «Medición de potencial catódico», debe dicir: «Medición do potencial catódico».
9) Na páxina 5.724 do anexo VI, 1. Prácticas de emerxencia, no segundo parágrafo, onde di: «Procedementos de emerxencia con campá húmida e torre», debe dicir: «Procedementos de emerxencia con campá húmida e torreta».
Na mesma páxina e anexo, 3. Técnicas de mergullo, no segundo parágrafo, onde di: «Rol do buscador de emerxencia na torreta», debe dicir: «Rol do mergullador de emerxencia na torreta».
Na mesma páxina e anexo, 3. Técnicas de mergullo, no cuarto parágrafo, onde di: «Subministración desde superficie a campá húmida (nitrox 25.40% de osíxeno)», debe dicir: «Subministración desde superficie a campá húmida (nitrox 25-40 % de osíxeno)».
Na mesma páxina e anexo, 3. Técnicas de mergullo, no sexto parágrafo, onde di: «Inmersión a saturación (profundidade de saturación 5.060 metros)», debe dicir: «Inmersión a saturación (profundidade de saturación 50-60 metros)».
Na mesma páxina e anexo, Mergullador instructor profesional, * Contidos, no seu quinto parágrafo, onde di: «A tensión, o pánico e a perda de control...», debe dicir: «O estrés, o pánico e a perda de control...».
Na mesma páxina e anexo, Mergullador instructor profesional, * Contidos, no seu oitavo parágrafo, onde di: «Desenvolvemento das clases teoricoprácticas no taller», debe dicir: «Desenvolvemento das clases teórico-prácticas no taller».
10) Na páxina 5.728 do anexo VI, Prácticas de emerxencia, no segundo parágrafo, onde di: «Procedementos de emerxencia con campá húmida e torre», debe dicir: «Procedementos de emerxencia con campá húmida e torreta».
11) Na páxina 5.733 do anexo VI, 2. Práctica, no seu apartado primeiro, no segundo parágrafo, onde di: «Recoñecemento dun varadoiro sinerolit», debe dicir: «Recoñecemento dun varadoiro sincrolift».
12) Na páxina 5.737 do anexo VI, Mostraxe e inspección biolóxica, * Contidos Teóricos, 6. Métodos e sistemas de mostraxe, onde di: «Contabilidades visuais», debe dicir: «Contaxes visuais».
13) Na páxina 5.737 do anexo IX, 4. Resultados do exame médico, no seu cuarto parágrafo: Apto. con restricións, onde di: «Os tipos de restricción...», debe dicir: «Os tipos de restriccións...».