Os representantes das corporacións locais das distintas consellerías que compoñen o Consello de Administración do Instituto Enerxético de Galicia, regulado pola Lei 3/1999, do 11 de marzo, serán nomeados pola consellería competente en materia de enerxía, según establece o artigo 7 da citada lei, polo que unha vez recibidas tódalas propostas por parte dos órganos competentes, procede o seu nomeamento e, en consecuencia,
DISPOÑO:
Artigo único.-Noméanse vocais do Consello de Administración do Instituto Enerxético de Galicia, segundo o disposto no artigo 7.2 d) da Lei 3/1999, do 11 de marzo, de creación do Instituto Enerxético de Galicia, as persoas que se relacionan no anexo.
Santiago de Compostela, 8 de xuño de 1999.
Antonio Couceiro Méndez
Conselleiro de Industria y Comercio
ANEXO
A) En representación da Consellería de Industria e Comercio:
Ramón Ordás Badía.
Juan Lizaur Otero.
B) En representación da Consellería de Economía e Facenda:
Ricardo Méndez Rey.
C) En representación da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda:
Antonio López Blanco.
D) En representación da Consellería de Medio Ambiente:
Francisco Pan-Montojo González.
E) En representación das corporacións locais:
Julio Álvarez Núñez.