O artigo 37 da Lei 9/1991, do 2 de outubro, modificado pola Lei 1/1999, do 5 de febreiro, de medidas básicas para a inserción social (DOG nº 36, do 22 de febreiro) establece que en cada unha das provincias da Comunidade Autónoma, presidida polo delegado provincial da consellería competente en materia de servicios sociais, se constituirá unha mesa integrada por:
-Sete representantes da Administración autonómica.
-Sete representantes das centrais sindicais máis representativas no ámbito autonómico.
-Sete representantes das organizacións empresariais no mesmo ámbito.
-Dous representantes dos concellos da Comunidade Autónoma.
Consonte o anterior, con data do 4 de maio de 1999, a Confederación de Empresarios de Galicia notifica a proposta de modificación da súa representación na Mesa Provincial da Renda de Integración Social de Galicia na Coruña.
Por todo o anterior, en aplicación do disposto no artigo 37 da Lei 9/1991, do 2 de outubro, modificado pola Lei 1/1999, do 5 de febreiro, de medidas básicas para a inserción social,
DISPOÑO:
Artigo único.-Nomear como vocal titular da Mesa Provincial da Renda de Integración Social de Galicia na Coruña, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia, a Guadalupe Souto Linares, en substitución de Ángeles de la Iglesia Daviña.
Santiago de Compostela, 11 de xuño de 1999.
José María Hernández Cochón
Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais