O alcalde, por resolución do 24 de maio de 1999, aprobou definitivamente o estudio de detalle de modificación de aliñeacións, entre a rúa de López
Astray e as unidades de actuación números 1 e 2, redactado polo arquitecto superior, Santiago González García.
Recursos.
Contencioso-administrativo: directamente no prazo dun mes perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
Reposición: potestativamente ante a Alcaldía, non podendo interpoñer recurso contencioso-administrativo mentres non sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.
Os interesados poderán exercer, de se-lo caso, calquera outro que consideren oportuno.
Laracha, 24 de maio de 1999.
Jesús Rama Becerra
Alcalde

